Inicio

 

Proxecto Vespa Velutina Ourense

Mellora do coñecemento das rutas de transmisión de virus e dos compostos que participan na comunicación química de Vespa velutina para a implementación de estratexias de control

Actualmente Vespa velutina segue sendo unha das pragas que máis afectan dende o punto de vista socioeconómico en Galicia. Neste sentido, o sector apícola é un dos máis afectados. Aínda que os estudos sobre as perdas que esta especie pode provocar aínda están baixo estudo en Galicia, o traballo directo cos apicultores do grupo de Botánica da Facultade de Ciencias de Ourense fixo visible perdas de ata o 100% das colmeas, especialmente en zonas de costa onde a praga é inmanexable. Nalgunhas rexións europeas, a depredación de V. velutina provoca a perda do 50% das colmeas, o que resulta nunha produción deficiente de mel e doutros produtos da colmea. Achegar unha solución a estas perdas económicas neste sector é unha necesidade urxente.

Por esta razón, o principal obxectivo deste proxecto radica na importancia dun mellor e maior coñecemento sobre V. velutina.