OBXECTIVO 3
Actualmente a creación da actual páxina web englóbase na tarefa 3.1 do obxectivo 3 deste mesmo proxecto:
Tarefa 3. 1 Deseño e implementación dunha plataforma web de comunicación para o Sector Apícola Galego:
Descrición: A transferencia científica é crucial para o desenvolvemento da sociedade. Actualmente gran parte da divulgación científica chega a través de redes sociais e sistemas de plataformas web. Estes sistemas inclúen interacción cos usuarios como subir arquivos, calcular estatísticas, xerar reportes, etc. Por iso desenvolverase unha plataforma web para compartir o coñecemento sobre V. velutina e facilitar a comunicación co sector apícola.
Metodoloxía: Deseño e implementación dunha plataforma web.
A meta é transferir coñecemento aos sectores interesados.