Tarefa 1. 1 Estudio dos compostos semioquímicos de ataque de V. velutina
Descrición e metas: Estudarase as feromonas de marcaxe de individuos vivos de V. velutina. Ademais, investigaranse cualitativamente as respostas de A. mellifera de apiarios galegos ás feromonas de marcaxe e as feromonas de alarma do avispón asiático V. velutina.
Metodoloxía: Os compostos químicos determinaranse empregando a técnica combinada HS-SPME/GC/MS para individuos vivos, testada durante a fase posdoutoral modalidade A. Experimentarase e probaranse nos apiarios cos produtos químicos identificados e con distintos produtos químicos sintéticos de marcaxe e de alarma como os testados por McClenaghan e col. (2019).
Tarefa 1. 2 Elaboración e posta en práctica dun atraente específico para o trampeo de raíñas baseado en semioquímicos como unha estratexia de IPM
Descrición: Os semioquímicos son produtos adecuados para ser parte dunha estratexia de Control integrado de pragas, xa que son moi selectivos e presentan un risco mínimo para o home e para o medio ambiente. Por tanto desenvolverase o ingrediente activo máis atraente posible para V. velutina e probarase a súa liberación controlada.
Metodoloxía: realizarase mediante bioensaio do comportamento fronte diferentes produtos semioquímicos. Desenvolverase un dispositivo de liberación que sexa capaz de liberar as feromonas de forma lenta e protexéndoa da luz ultravioleta e da oxidación. Este obxectivo lograrase en colaboración con dous centros de investigación internacionais (CIMO e Università degli Studi di Firenze) (Figura1).
A meta é identificar potenciais compostos atraentes e testar a resposta.
Tarefa 2. 1 Determinación das principais vías de transmisión vírica en V. velutina
Descrición: Será necesario caracterizar diferentes mostras que poidan ser obxecto de transmisión vírica en V. velutina. Estudarase a presenza de virus no néctar das plantas que V. velutina visita, abellas que estean en contacto cos avispóns durante a época de maior predación na colmea, e a presenza de Varroa e de Nosema e a súa relación ca presenza de virus en V. velutina.
Metodoloxía: Esta tarefa desenvolverase mediante métodos moleculares de extracción de ARN y de DNA, cuantificación mediante RT-PCR específica da cadea, e secuenciación mediante a técnica de Secuenciación Masiva (NGS), empregando a tecnoloxía de semicondutores en chips de Ion Torrent. Este obxectivo lograrase en colaboración co centro de investigación CIMO (Figura 1).
A meta é identificar as vías de entrada de virus a V. velutina e a transmisión ás abellas.
Tarefa 3. 1 Deseño e implementación dunha plataforma web de comunicación para o Sector Apícola Galego:
Descrición: A transferencia científica é crucial para o desenvolvemento da sociedade. Actualmente gran parte da divulgación científica chega a través de redes sociais e sistemas de plataformas web. Estes sistemas inclúen interacción cos usuarios como subir arquivos, calcular estatísticas, xerar reportes, etc. Por iso desenvolverase unha plataforma web para compartir o coñecemento sobre V. velutina e facilitar a comunicación co sector apícola.
Metodoloxía: Deseño e implementación dunha plataforma web. Para a realización da devandita plataforma utilizarase de base o xestor de contidos WordPress o cal se modificará radicalmente na parte de usuario incluíndo elementos en HTML5, CSS3 e JavaScript. así como código PHP incrustado en compoñente WordPress e distribuído para diversas partes de todo o sistema.
A meta é transferir coñecemento aos sectores interesados.